Skip to main content
Cervo

70 nenos participaron no programa cervense Enredos de Semana Santa

Por 16 Abril, 2022Abril 17th, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo da por rematado o programa de enredos desta Semana Santa, que se celebrou esta semana. En total participaron 69 nenos e nenas, comprendidos entre os 3 e os 11 anos de idade, divididos por grupos entre infantil e primaria.

O luns realizaron diferentes xogos de presentación, ademais de xogos tradicionais. O martes foi a quenda para o taller de ovos de pascua, acorde a estas datas. Por último, este mércores, realizaron unha busca do tesouro.

Este programa ofrece unha alternativa lúdica aos máis pequenos da casa durante estas datas non lectivas, á vez que permite ás familias realizar conciliación familiar durante os tres días laborais desta semana.

A concelleira de educación, Dolores García Caramés, que visitou os enredos no día de onte, amosouse “agradecida e satisfeita pola gran acollida que tivo este programa, que cada edición que realizamos aumenta as súas cifras de participación”.

A edil quixo lembrar que “en Semana Santa  facemos este programa durante tres días, pero en verán realizamos actividades en Enredos durante os meses de xullo e agosto”.