Skip to main content
Foz

O PP de Foz denuncia a paralización das obras no local dos xubilados da rúa Os Limoeiros

Por 5 Abril, 2022Sin comentarios

O PP de Foz denuncia a paralización das obras no local dos xubilados en na rúa Os Limoeiros e pide explicacións a Cajoto. “A estas alturas do mandato municipal, a ninguén se lle oculta que o goberno local de Foz ten un grave déficit de xestión; ten sobradamente demostrada a súa incapacidade para resolver os problemas do concello”, dixo a concelleira popular Verónica Soto que destaca que “unha mostra máis desa incapacidade de xestión é a paralización de dúas obras moi significativas en Foz: as do local dos xubilados e as da rúa Os Limoeiros”.

Soto explica: “No pasado pleno, o grupo do PP denunciou o parón de varias obras municipais, que se están a executar neste concello. Afectan, por un lado, á obra do local dos xubilados, no centro social, que leva parada varias semanas. O equipo de goberno xa confirmou que probablemente non se cumprirían as datas que se deron aos representantes dos xubilados; polo tanto é un novo incumprimento do señor Cajoto, con un colectivo que xa vén sendo enganado durante varios anos por este goberno”.

A mesma concelleira sinala: “Outra obra que leva parada varias semanas e que causa graves prexuízos aos veciños é a de Os Limoeiros. Actualmente está en zahorra, polo que dificilmente poden transitar por ela os veciños; é unha rúa que une coa de Paco Mañón. É incomprensible que estean paradas estas dúas obras”.

Para Soto, “a falta de xestión e a incapacidade do equipo de goberno máis caro da historia é visible na paralización destas obras, sen explicación algunha”.