Skip to main content
Foz

O BNG de Foz solicita mellorar o transporte público na comarca

Por 27 Abril, 2022Sin comentarios

O BNG de Foz considera que é preciso atallar unha reiterada demanda como é a de resolver os problemas que rexistra o transporte público na comarca, e da conexión do concello por carretera, “a insuficiencia dos servizos  do transporte público por carretera son palpábeis e non semellan mellorar”.

O transporte público é un servizo esencial para garantir que as persoas poidan desprazarse no territorio, poidan acudir ao traballo ou ao Hospital da Costa e mesmo á conexión coa capital de provincia e outros destinos do país para estudos superiores ou outros motivos. Semella que na Consellería de Infraestruturas e Mobilidade non son usuarios do transporte público porque do contrario saberían que o servizo e moi incompleto”, din dende o BNG. 

O servizo compartido, deixa moi poucas frecuencias e so en período lectivo. Por outra banda non hai frecuencias de autobús para as persoas que están cursando ensinanzas nos institutos nas quendas de tarde-noite provocando que teñan que ir en vehículos particulares ou sufragar outro tipo de transportes. Por riba a ocurrencia da tarxeta transporte fai que os usuarios maiores de 21 anos non teñan acceso a ela nin aos descontos asociados”, engaden os nacionalistas focegos.

Por iso o BNG de Foz insiste en mellorar o transporte público, e propón ao pleno do Concello, e instará á Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade resolvan as eivas na conectividade dos usuarios do transporte público por carretera, incrementando frecuencias e destinos, melloren a accesibilidade dos autocares, e melloren a información aos usuarios.