Skip to main content
Lourenzá

Terras de Lourenzá organiza dous roteiros pola Pontenova

Por 30 Abril, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o 7 de maio unha ruta polas Reigadas ou a Seimeira da Pontenova, unha de 8,1 km e a outra de 8,6 km.

Este roteiro terá saída ás 08.00 horas do Cantón de Vilanova en autobús e as inscricións deberán facerse antes do martes 3 de maio.

A actividade ten un prezo de 10 euros para socios e 15 para os non socios, e é necesario anotarse para participar, ben sexa por teléfono nos 658 097 133 ou 647 067 054 ou tamén no email terrasdelourenza@gmail.com.

O prezo é para custear o bus dende Lourenzá, xa que a comida que se degustará ao rematar as camiñatas, é gratuita, xentileza dos organizadores da concentración.
Lembran que é necesario levar botas e bastóns e respectaranse todas as medidas covid e máscaras no autobús.