Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo terá un campamento de Semana Santa para nenos

Por 5 Abril, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo organiza o Campamento de Semana Santa, dirixidos á infancia entre 3 e 12 anos. Realizaranse varios talleres, co obxectivo de ofrecer unha proposta de lecer durante as vacacións escolares e facilitar a conciliación familiar.  As datas de realización do campamento serán o 11, 12, 13 e 18 de abril.

Nas tres xornadas o horario será de 10:30 a 13:30. Para participar nas actividades, cómpre realizar a inscrición no teléfono 982 524 003 ext 8 antes do venres 8 de abril ou nas oficinas de servizos sociais con previa cita nos baixos do concello.