Skip to main content
Mondoñedo

Comezan as visitas guiadas á cova do Rei Cintolo durante a Semana Santa

Por 10 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo, coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía, abre a campaña de visitas guiadas á cova do Rei Cintolo coa chegada da Semana Santa.

Concretamente, nesta vacacións haberá tres horarios para as visitas guiadas ás 12.00, 17.00 e 18.30 horas de luns a domingo.

As visitas turísticas lévanse a cabo na Galería Central da cova sobre un percorrido de 300m que supón unha visita dentro da cavidade de 1h e 15minutos aproximadamente.

Pídese, para poder facer as mesmas, unha forma física normal, isto é, non ter problemas de mobilidade. Tamén é preciso facer reserva previa no teléfono da Oficina de Turismo de Mondoñedo 982 50 71 77.

É obrigado traer máscara para facer a visita (cirúrxica, ffp2, ou similar, non valendo as de tea), tamén é obrigado traer calzado cerrado con fondo de goma que evite esvaróns e recoméndase traer roupa que non importe manchar así como unha muda para despois da visita.

Dende o Concello proporcionarase casco con iluminación, luvas de coiro e un traxe desbotable para sobrepoñer á roupa, así como os complementos de hixiene axeitados para cada un destes elementos.