Skip to main content
Mondoñedo

Presentadas 18 ofertas para a rehabilitación de inmobles no centro histórico de Mondoñedo

Por 16 Abril, 2022Sin comentarios

18 ofertas para a redacción dos proxectos de rehabilitación e dirección de obra no centro histórico de Mondoñedo foron presentadas. En total serán 13 inmoble adquiridos no centro histórico mindoniense e no marco do programa Rexurbe.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) licitou, por máis de 437.000 euros, un total de catro contratos para a redacción dos proxectos, cos que se recuperarán os inmobles emprazados na rúa Guevara 7 e 9, Leiras Pulpeiro 11 e Progreso 10 (Lote 1); na rúa Progreso 20 e Peña de Francia 4 (Lote 2); na rúa Imprenta 2, Febrero 30 e Álvaro Cunqueiro 12 (Lote 3); e, por último, os emprazados na rúa Álvaro Cunqueiro 34, 41, 53 e 57 (Lote 4).

Agora, a Xunta ten que valorar cada unha das ofertas, tanto a nivel económico como técnico, para determinar cal é a proposta adxudicataria en cada caso. A previsión é concluír este trámite este mesmo verán.

Os 13 inmobles foron adquiridos pola Xunta no marco do programa Rexurbe, polo que a Xunta adquire inmobles en conxuntos históricos para a súa posterior rehabilitación como vivendas en réxime de alugueiro social. O investimento ascendeu a máis de 621.000 euros.