Skip to main content
Ourol

A banda da Loba actuará no X Festival Aturuxo de Ourol

Por 8 Abril, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos informou que  A banda da Loba, é a primeira das bandas confirmadas para o X Festival Aturuxo que este ano se celebrará o 29 e 30 de xullo.

Tamén comunicaron que Os Festicultores Troupe non se perderán a décima edición do festival ourolés que chega con moita forza xa que o ano pasado tivo que limitarse o aforo por mor da pandemia.

“Estas rapazas traerán a Bravos a súa música baseada na poesía galega que as sitúa como unha das bandas referentes no panorama musical galego”, din desde a asociación.

O obxectivo do Festival Aturuxo de Ourol é poñer en valor a cultura galega pois cada edición desta cita reúne a grupos e artistas de referencia no panorama musical tradicional.