Skip to main content
A Pontenova

O Pleno aproba reducir a velocidade na N-640 ao seu paso pola Pontenova

Por 24 Abril, 2022Sin comentarios

A proposta do BNG de reducir a velocidade no casco urbano da Pontenova foi aprobada por unanimidade polo pleno do Concello da Pontenova. A resolución aprobada contempla distintas medidas : substitución de sinais, pasos elevados ou colocación de semáforos ámbar redutores de velocidade.

O portavoz do BNG, Xosé Luís Gutierrez na súa intervención no pleno manifestou “hai consenso entre os expertos que reducir a velocidade a 30 km/h nas zonas urbanas diminúe tanto o risco de sufrir un accidente, como a gravidade do mesmo de producirse. Na estrada N-640 ao seu paso polo casco urbano hai vehículos que circulan a unha velocidade excesiva e temos a responsabilidade de reverter esta situación”. O nacionalista agarda agora que o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana -propietario de estrada- e o Concello da Pontenova executen o acordo nun breve período de tempo.

DEMANDA DA VECIÑANZA, EMPRESARIOS E COMERCIANTES

Esta é unha demanda da veciñanza, de empresarios e comerciantes que ven necesaria a reducción de velocidade nesta estrada, a N-640, que tén unha intensidade media diaria de 2.000 vehículos polo centro da vila, que comunica a vila coa capital da provincia e según datos da DGT é unha das mais perigosas de Galicia.