Skip to main content
A PontenovaRibas de Sil

O programa Actívate da Deputación estréase esta fin de semana en Ribas de Sil e A Pontenova

Por 28 Abril, 2022Sin comentarios

O sendeirismo e a espeleoloxía serán protagonistas das dúas primeiras actividades desta iniciativa gratuíta a través da que a institución provincial impulsa o turismo activo e de aventura con propostas para todos os públicos as fins de semana.

A Deputación de Lugo inaugura esta fin de semana a segunda edición do programa de turismo activo e de aventura Actívate nos concellos de Ribas de Sil e A Pontenova con actividades vinculadas ao sendeirismo e á espeleoloxía.

A través desta iniciativa, a institución ofrecerá as fins de semana ata xullo un total de 26 actividades gratuítas para todos os públicos ao aire libre noutros tantos concellos da provincia co dobre obxectivo de seguir apoiando ao sector turístico, a hostalería e o comercio e, ao mesmo tempo, avanzar nun modelo de turismo de calidade e sostible, que pon en valor o rico e diverso patrimonio da provincia e que dinamiza a economía e o emprego, sobre todo no rural.

As inscricións ábrense progresivamente todos os venres, cunha semana de antelación, ata completar o calendario. Polo tanto, mañá mesmo, a Deputación abre o prazo para anotarse nas vindeiras propostas: iniciación á escalada, en Baleira, o 7 de maio, e agroturismo e introdución á apicultura, en Láncara, o día 8.

As persoas interesadas poden anotarse na web http://inscricions.deputacionlugo.org Para máis información, poden enviar un correo electrónico a activate@deputacionlugo.org ou chamar ao teléfono 982.26.02.35. 

A segunda edición do programa Actívate ofrecerá en 26 concellos da provincia  actividades gratuítas, ao aire libre e para todos os públicos vencelladas ao turismo deportivo e de aventura, como sendeirismo, surf, piragüismo, kaiak, vela, trekking, escalada ou equitación. Na primeira edición, esta iniciativa tivo unha gran acollida, esgotando as prazas nun breve espazo de tempo.Actívate súmase a outras iniciativas que ten en marcha a Deputación de Lugo cos mesmos obxectivos de apoiar ó tecido produtivo vinculado ao turismo, á hostalería e ao comercio, e, ao mesmo tempo, favorecer un turismo de calidade e sostible. É o caso do programa Coñece a túa Provincia, do que se beneficiarán unhas 3.000 persoas de 135 asociacións entre esta primavera e o outono; as 16 rutas gratuítas polo románico da provincia que organizou en maio a institución con motivo do Día da Transrománica; ou tamén o programa Saborea a túa Provincia, unhas xornadas de lecer e gastronómicas que terán lugar en agosto.O programa

As actividades levaranse a cabo os sábados e domingos dos meses de maio, xuño e xullo.

ABRIL

  • 30 de abril: Sendeirismo, en Ribas de Sil

MAIO

  • 1 de maio: Sendeirismo e espeleoloxía, na Pontenova
  • 7 de maio: Iniciación á escalada, en Baleira
  • 8 de maio: Agroturismo e introdución á apicultura, en Láncara
  • 14 de maio: BTT, en Guitiriz
  • 15 de maio: Tiro con arco, na Fonsagrada
  • 21 de maio: Iniciación á equitación, en Taboada
  • 22 de maio: Orientación, en Navia de Suarna
  • 28 de maio: Baños de Fragas, en Cervantes
  • 29 de maio: Iniciación ao paintball, na Pastoriza

XUÑO:

  • 4 de xuño: Cicloturismo histórico, en Castroverde
  • 5 de xuño: Xogos tradicionais, en Abadín
  • 18 de xuño: Snorkel, en Ribadeo
  • 19 de xuño: Camiñata, en Xermade
  • 25 de xuño: Iniciación á vela lixeira, en Foz
  • 26 de xuño: Sendeirismo de montaña e xeoloxía, en Antas de Ulla

XULLO:

  • 2 de xullo: Sendeirismo e botánica, en Portomarín
  • 3 de xullo: Paseos micolóxicas, en Pedrafita do Cebreiro
  • 9 de xullo: Piragüismo, en Lugo
  • 10 de xullo: Camiñata gastronómica, en Lourenzá
  • 16 de xullo: Surf, en Barreiros
  • 17 de xullo: Kaiak de mar, en Burela
  • 23 de xullo: Raid de aventura, en Viveiro
  • 24 de xullo: Trekking, en Monforte de Lemos
  • 30 de xullo: Clase dirixida combinada, en Ourol
  • 31 de xullo: Kaiak de río, en Cospeito e Outeiro de Rei