Skip to main content
Ribadeo

Apaga Ribadeo organiza un curso de formación en hostalaría

Por 2 Abril, 2022Sin comentarios

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) organiza un curso de formación en hostalería, que se celebrará os días 30 de abril e 7 de maio.

O presidente do colectivo, Álvaro Doural, explica que “seguimos co noso programa formativo, que elaboramos tendo en conta a demanda dos diferentes sectores empresariais da nosa comarca. Levamos meses vendo as necesidades da hostalería. Cada día lemos nas súas redes sociais e nos medios de comunicación que se buscan camareiros, axudantes de cociña, cociñeiros, persoal de sala, camareiras/vos de pisos…”.

Doural sinala que “a oferta de postos de traballo en toda a Mariña e o Occidente asturiano é enorme neste momento. Todos os locais están a prepararse para a Semana Santa e sobre todo para o verán. Por iso é polo que organizásemos este curso, que terá lugar os días 30 de abril e 7 de maio”.

A programación centrarase no restaurante e no bar-cafetería. O presidente de Apaga indica que “no apartado de restaurante abordarase o uso da dotación básica deste tipo de establecemento, así como a asistencia no pre servizo, a elaboración á vista do cliente e os tipos de servizos e a súa aplicación. No caso do bar-cafetería centrarémonos na utilización da maquinaria, equipos, útiles e enxoval, preparación e presentación de aperitivos, cervexas, augardentes e licores de maio consumo nestes locais e preparación e servizo de bebidas non alcohólicas”.

Doural fai unha chamada “a todas esas persoas que estarían interesadas en traballar na hostalería, pero que non teñen ningún tipo de formación. Nós, en Apaga, ofrecerémoslla o 30 de abril e o 7 de maio. Os asistentes poderán inserirse laboralmente unha vez que superasen o curso”. Será impartido por un profesor de hostalería no restaurante O Horto, de Ribadeo.

Os interesados en obter máis información poden dirixirse aos teléfonos 639 884 945 ó 629 096 711 e tamén ao correo electrónico apagaribadeo@gmail.com