Skip to main content
Ribadeo

Unha consulta entre os vendedores do mercado semanal de Ribadeo dará a coñecer a reubicación

Por 5 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello realizará unha consulta a partir deste mércores entre os vendedores e vendedoras do mercado semanal para coñecer si prefiren manterse no aparcadoiro municipal ou si se decantan por volver á contorna da praza de abastos. 

O edil de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “pouco a pouco as medidas que se foron tomando desde as distintas administracións para facer fronte á pandemia da covid19  van relaxándose e volvendo á normalidade. E no Concello de Ribadeo toca agora o momento de propoñer a volta do mercadiño dos mércores ao seu espazo tradicional”.

O concelleiro ribadense manifestou que “neste sentido o Concello, no seu desexo de tomar decisións dunha forma consensuada e participativa e despois dun primeiro achegamento ás persoas titulares dos postos constátase que existe unha certa división entre aquelas que sí queren recuperar o espazo tradicional ou aqueloutras que desexan manterse no espazo actual”. 

Vizoso Galdo anunciou que “ante esta situación, este mesmo mércores iniciase unha consulta participativa na que se coñecerá de primeira man o interese e a opinión das persoas titulares dos postos do mercado sobre si desexan trasladarse ao espazo orixinario ou continuar no aparcamento onde se localizan na actualidade”. 

O edil responsable da Concellaría de Desenvolvemento Local indicou que “nesta consulta tamén se lles informa que dado que a superficie da contorna da praza de abastos ten posibilidades máis limitadas podería dar lugar a un espazo máis reducido por cada posto”. 

E engadiu que “o Concello, sen pretender posicionarse sobre o lugar, entende que o espazo que está arredor da praza é un lugar moito máis céntrico e que dota dun maior dinamismo á zona comercial de Ribadeo e enche de vida as súas rúas”.