Skip to main content
Ribadeo

Presentado o cartel do VII Ribadeo Indiano

Por 13 Abril, 2022Sin comentarios

Foi presentado o cartel do VII Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa e que terá lugar do 8 ao 10 de xullo. 

A edil de Cultura, Pilar Otero, explicou que “esta VII edición, dedicada á muller, que terá os seus días fortes durante a fin de semana do 8 ao 10 de xullo, vén cargada de propostas diferentes para facer que o Ribadeo Indiano reluza con máis esplendor. Xa dende o fin de semana anterior, nas tradicionais antevésperas e vésperas, comezaremos a gozar do ambiente indiano”.

Engadiu: “prestade atención xa que iremos ampliando a información do Ribadeo Indiano na súa páxina web (https://indiano.ribadeo.org/) e nas diferentes redes sociais”.