Skip to main content
Ribadeo

O mercadillo solidario ribadense en favor dos nenos ucraínos foi todo un éxito

Por 18 Abril, 2022Sin comentarios

As organizadoras do mercadillo solidario para recadar fondos destinados a unha asociación que trae nenos ucraínos a Galicia agradece a colaboración de Ribadeo e a súa xente.

O mercadillo celebrouse desde a tarde de Xoves Santo ata o mediodía de onte, Domingo de Pascua, no baixo que ocupaba a Droguería Pulpeiro, fronte á oficina de Abanca.

As organizadoras quixeron aproveitar estas datas nas que miles de persoas pasaron por Ribadeo para facer unha chamada á solidaridade con estas nenas e nenos de Ucraína, que seguen nese país con importantes necesidades como consecuencia da invasión rusa: “estamos moi contentas coa colaboración de Ribadeo e dos seus visitantes. Recadamos 785 euros nesta ocasión, que xa procedemos a ingresar na conta desta asociación”.

E engaden: “queremos agradecer a cesión do baixo no que realizamos os dous mercadillos solidarios para este asociación que trae nenos a Galicia, algúns deles a Ribadeo. E a solidariedade do noso pobo e tamén dos seus visitantes. Toda axuda é ben recibida e é importante para poder achegar o noso gran de area para que estes nenos e as súas familias poden recibir a atención que precisan nestes duros momentos”.