Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo alerta de que a sinalización do porto non cumpre a normativa

Por 19 Abril, 2022Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, alerta de que a sinalización do porto “no cumpre coa normativa”.
E é que unhas sinais están situadas no medio da beirarrúa, obstaculizando así o tránsito, e outras son demasiado baixas; o que pode provocar accidentes “como o acontecido a semana pasada, e no que unha viandante rachou os seus lentes”, dixo Sierra.

Por este motivo, os populares piden ao goberno do BNG que “tome nota” e que recoloquen os sinais para ocasionar as menores molestias posibles aos viandantes. Neste senso, Sierra destaca que no cruce que vai de Recarei a San Francisco a visibilidade tamén é moi reducida debido á colocación dos contedores de lixo. E, por elo, que recomenda aos nacionalistas que recoloquen os colectores e os sitúen na parcela que hai detrás do coñecido supermercado que se atopa neste lugar, e que é propiedade do Concello.

“É obriga do goberno local garantir a seguridade na vila. Non pode ser que teñamos este problemas e, o que é peor, que os veciños e veciñas poidan sufrir altercados cando pasean polo pobo”, conclúe a popular.