Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo terá unha senda costeira entre Rochas Brancas e a depuradora nova de Vilaselán

Por 22 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello creará unha senda costeira entre a praia de Rochas Brancas ata despois da depuradora nova de Vilaselán e un treito mais en Piñeira, na zona de Areosa. O proxecto, para o que solicitou unha subvención de 77.000 euros á Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, contempla 8,6 hectáreas de ámbito de actuación.

Trátase da ruta costeira do Cantábrico un sendeiro moi utilizado que adoecía de continuidade desde a praia de Rochas Brancas ata despois da depuradora nova de Vilaselán. Tampouco tiña continuidade nun punto bastante importante da costa da parroquia de Piñeira, un tramo na zona de Areosa.

Para isto o Concello solicitou unha subvención a través da Reserva da Biosfera, que ten axudas económicas a través de fondos europeos, tramitadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

Este proxecto é ambicioso, son 77.000 euros para 1,7 quilómetros de senda en total, entre o tramo de Piñeira e do de Rochas Brancas a Vilaselán. Leva un plan de actuación de erradicación e control de especies, tanto exóticas como invasoras, e o mantemento e mellora do hábitat, tanto de árbores mortas como das ribeiras e dos cantís e hai que sumarlle zonas afectadas por comportamentos incívicos, con lixo tirado, etcétera. O ámbito de actuación será dunhas 8,6 hectáreas.