Skip to main content
Ribadeo

Veciños do barrio ribadense de A Torre levan á Valedora unha obra pendente dende fai 37 anos

Por 26 Abril, 2022Sin comentarios

Un grupo de veciños do barrio de A Torre, en Vilaselán en Ribadeo, levaron á Valedora do pobo a súa queixa sobre a ampliación e mellora do camiño que leva as súas casas, unha obra que está pendente dende fai 37 anos.

Xa en abril fixeron público o seu enfado tras tantos anos de espera na mellora dun tramo do camiño de 290 metros e o cal se atopa coa mesma anchura que hai máis de 50 anos, cando só circulaban por el os carros do país.

Na súa queixa céntranse na xestión do alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia, que tras diferentes reunións expuso dividir as obras en dúas fases, a primeira sería o amaño do tramo onde hai máis terreos cedidos polos veciños, pero que un veciño dinalmente opúxose a devandita mellora de ensanche da vía.

O que veñen reclamando desde hai 36 anos é un acceso digno, “non estamos a esixir unha avenida como Rosalía de Castro, soamente estamos a reclamar unha vía que nos permita a circulación tanto de persoas como de vehículos”.

“É tal o seu estreitamento que dificulta, e nalgúns casos impide, o paso os viandantes cando se atopan con algún vehículo, poñendo nunha situación de risco para a integridade física ás persoas maiores e tamén a todas aquelas con mobilidade reducida”, din os veciños. Segundo o grupo de veciños de A Torre o alcalde comunicoulles que desistía no seu empeño o que agraba máis o seu enfado.