Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo realiza obras de mellora no teleclube de Arante

Por 28 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello realiza obras de mellora no teleclube de Arante. O investimento, procedente de fondos propios, ascende a 14.000 euros. Así, o Concello ribadense segue co proxecto de mellora das escolas municipais e Teleclubes das parroquias. 

Ademais dunha mellora na accesibilidade e da estética en xeral coa pintura do edificio, mellorouse a instalación eléctrica e creouse un baño adaptado no interior do edificio coa súa correspondente foxa séptica estanca. Tamén estaán colocando unha importante carpintería de aluminio para illar convenientemente o cobertizo anexo, xa que se atopaba practicamente en abertal, e tamén nunha pésima situación de estética.

O concelleiro de Medio Rural sinalou que “estas eran as demandas que a asociación de veciños de Arante nos tiñan feito e que, logo das correspondentes autorizacións hidráulicas, comprometémonos a facer”. 

Para todas estas obras o Concello destina 14.000 euros de fondos propios municipais para acometer estas melloras necesarias, estando agora as obras a piques de rematar.