Skip to main content
Trabada

Este domingo celébrase a Festa da Enfariñada de Trabada

Por 29 Abril, 2022Abril 30th, 2022Sin comentarios

Este domingo día 1 de maio o Concello de Trabada celebra a Festa Gastrónomica da Enfariñada. Así, a esperada festa contará con tres actuacións. Ás 12.00 horas haberá pasarrúas a cargo do Cuarteto Tradicional Xaramolo, acto seguido, ás 13.30 horas, o grupo A Tajea animará a festa, e xa pola tarde ás 16.30 horas, será a actuación de Pepe Vaamonde Grupo.

“Agardamos que guste esta programación, por unha banda mantemos vivo o espíritu tradicional da nosa festa gastronómica, e por outra quixemos celebrar a volta á normalidade cunha programación especialmente dirixida a quen peor o pasou na pandemia; as persoas maiores, os máis vulnerables frente á COVID-19 e a xuventude, que se viu privada do ocio na etapa que máis apetece saír asique en Trabada voltamos á normalidade con moita música”, di a rexedora municipal Mayra García Bermúdez.

Por outra banda, mañá 30 de abril o Concello de Trabada contará coa celebración da 3ª Festa da Xuventude que dará comezo ás 17.00 horas co acto conmemorativo do terceiro aniversario do centro de atención aos maiores no que haberá un concerto moi especial da Banda de Música de Ribadeo.

Xa ás 23.00 horas dará comezo a propia Festa da xuventude co grupo de música Nueva Fuerza e a discoteca móvil The Sound project.