Skip to main content
Viveiro

O Concello de Viveiro abre a preinscrición na Escola Infantil

Por 13 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa da apertura do prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2022-2023. O prazo estará aberto desde o próximo luns, día 18 de abril, e ata o 13 de maio. 

“Para o Concello de Viveiro, o ensino público é unha prioridade de goberno, e coa Escola Infantil Municipal ofrecemos un servizo para os nenos e nenas de 0 a 3 anos que facilita a conciliación laboral e familiar”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

As persoas interesadas no servizo poden recoller as solicitudes de preinscrición na Escola Infantil Munipal, no Centro de Servizos Sociais ou na propia web do Concello de Viveiro. 

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica. No caso de xurdir algunha dúbida, as persoas interesadas poden contactar cos teléfonos 982 561461 (Escola Infantil Municipal) ou 982 550421 (Centro de Servizos Sociais).