Skip to main content
Viveiro

Veciños de Magazos, en Viveiro, molestos polo estado das estradas

Por 20 Abril, 2022Sin comentarios

Veciños de Magazos puxéronse en contacto coa concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, para expresar o seu malestar de como se atopan as estradas que van cara as súas vivendas.

Así é que en Magazos, no tramo de estrada que vai desde o camiño da Cruz en Rúa Nova a camiño de Vilamarcol de Arriba, “fai anos que non se repón o seu firme e así o demostra o seu estado onde se pode ver a masa asfáltica levantada en gran parte da súa superficie coa herba medrando na mesma”, dixo Bermúdez. Ademais do mal estado do asfalto, “podemos observar a vexetación que asolaga esta estrada por ambas marxes, o que demostra que tampouco leva un mantemento regular e continuo esta estrada”.

“Prazos, obxectivos e mantementos axendados son a clave para a conservación e mellora das estradas municipais”, afirmou Míriam Bermúdez concelleira do BNG, “o mal estado e abandono das estradas de Viveiro teria fácil solución si o Goberno Municipal deixase a improvisación e contase cun Plan de Mantemento como o que presentamos desde o BNG no seu dia,” afirma Míriam, quen comenta que “este Plan de Estradas do BNG conta con políticas estruturadas e obxectivos fixados a curto, medio e longo prazo”. E remarca como “moi positivo para Viveiro contar cunha planificicación para que o mantemento das estradas do concello funcionase debidamente, pois actualmente só funciona baixo denuncia pública e a veciñanza o fai visible”.