Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Rábade un taller sobre o abuso dos videoxogos

Por 1 Abril, 2022Abril 7th, 2022Sin comentarios

Dende o servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organízase un obradoiro dirixido a nais e pais para abordar a temática sobre as adiccións comportamentais e máis concretamente sobre os videoxogos, e xogos de apostas. A Actividade terá lugar no Concello de Rábade e será impartido por Gerardo Rodríguez da asociación Agalure.

A sesión terá lugar o xoves 7 de abril entre as 17.00 e as 18.30 horas no centro sociocultural de Rábade.

Esta actividade pretende complementar os obradoiros que se levarán a cabo tamén no mes de abril no IES Río Miño, para o alumnado de 3º e 4º de ESO nos que se abordarán as adiccións sen sustancia ou comportamentais, facendo especial fincapé aos xogos de aposta, así como os videoxogos e outras adiccións das novas tecnoloxías.

A inscrición pode facerse ata o 1 de abril a través do teléfono 982 390 062 ou no correo prevencionedrogas@rabade.org.