Skip to main content
Axenda Caducada

Meira recupera a ruta de sendeirismo Miño-Eo, que se fará o 8 de maio

Por 1 Abril, 2022Maio 8th, 2022Sin comentarios

Tras dous anos de parón pola covid, o Concello de Meira volverá celebrar este ano a Ruta de Sendeirismo Miño-Eo, que terá lugar o domingo 8 de maio cun percorrido de 20 quilómetros de dificultade media-alta.

A programación dará como ás 8.30 horas coa saída diante da igrexa. Pararase en Espido, tras percorrer nove quilómetros, onde se fará o almorzo. O final da ruta estará no Estreito, sobre as 14.00 horas,

A organización indicou que se decidirá se se fai xantar conxunto despois de Semana Santa en función da evolución da situación sanitaria.

O prazo de inscrición remata o 1 de maio e ten que facerse na Oficina de Turismo, no Concello ou nos teléfonos 618 679 632 ou 982 330 102. Tamén pode usarse a vía electrónico no correo turismo@concellodemeira.com.