Skip to main content
Axenda Caducada

Abya Yala Ensemble actuará este domingo en Cervo

Por 1 Abril, 2022Abril 3rd, 2022Sin comentarios

Este domingo, 3 de abril, dentro do ciclo de concertos  A Caixa de Música, actuará o grupo de música Abya Yala Ensemble. A actuación será ás 13:30 horas na Praza do Souto.

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, puxo en marcha en outubro o programa A Caixa de música, un ciclo de concertos de música clásica e de bandas que ten lugar en diferentes puntos do Concello.

A Caixa de música pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos serán en fins de semana ou festivos á hora do mediodía.

Segundo a Concelleira de Cultura Dolores García Caramés “é un xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que durante todo o ano levamos a cabo no noso Concello e deste xeito tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música para todos os gustos”.