Skip to main content
Axenda Caducada

Todo preparado para desfrutar hoxe 2 de abril do concerto de As Life Burns

Por 2 Abril, 2022Sin comentarios

A Asociación Buril de Sarria ofrecerá a actuación de As Life Burns que estará acompañado de Pneura, Karma e Untides. O concerto será hoxe 2 de abril, a entrada terá un prezo de 10 euros e a apertura de portas será ás 21.30 horas.

A banda As life burns naceu fai máis de 10 anos, en 2009, en Pola de Laviana, Asturias. O seu nome inicial foi Stado Kritico, tras varios anos de traxectoria, os compoñentes, as influencias e a identidade do grupo cambiou e isto deu como resultado un novo nome que representa o grupo actual, As life burns. Os temas do grupo versan sobre as diferentes etapas da vida, como condicionan estas e as necesidades á mente e ao comportamento do ser humano.

Acompañando aos asturianos estará Untides, unha banda de death metal de Lugo que compartiu escenario con grupos de gran renome de Euskal Herria como Flitter, Voltaia o Bide Bakarra. Outro dos grupos que ofrecerán a súa música ao público serán os galegos de Pneura, un dúo formado polos irmáns Richard na guitarra e voz, e Jevy Gz na Bateria e voz, ex-compoñentes das bandas (A.N.T.I) e THATUGLYBASTARDMAKEMEPUKE, dand. Por último, tamén formará parte desta xornada o grupo Karma.

Ademais de música e bo ambiente, haberá pinchos para os asistentes. Promovendo así a vida cultural de Sarria a través de artistas da contorna e de fóra.