Skip to main content
Axenda Caducada

O programa Coidados porta a porta estará no Valadouro

Por 3 Abril, 2022Abril 8th, 2022Sin comentarios

O Concello do Valadouro acolle o programa Coidados porta a porta, a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Silman 97.

Este programa gratuito ofrece unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que percorrerán diferentes concellos do medio rural das 4 provincias galegas.

En Valadouro, as datas previstas para a estancia son o 7 e 8 de abril de 2022 entre ás 09:00 e ás 19:00 horas. Para participar haberá que pedir cita no teléfono 622 748 283.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os de audioloxía, consistente en revisión e valoración auditiva, o de podoloxía para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés como a eliminación de durezas, control de uñas; e o de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas que consiste na realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

As unidades móbiles dipoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida xa que conta con plataforma elevadora.