Skip to main content
Axenda Caducada

Chechu Salgado convida á participación na XLII Feira do Viño de Amandi

Por 4 Abril, 2022Abril 9th, 2022Sin comentarios

O Concello de Sober difundiu este domingo un vídeo do pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi, Chechu Salgado, desde o Festival de Cine de Málaga, para convidar a asistir a vindeira fin de semana a este evento no que di, ten a honra de ser pregoeiro. https://fb.watch/cagFJxhvTA/

Chechu Salgado recibiu recentemente un premio Goya polo seu papel en Las Leyes de la Frontera. Con esta elección, o Concello de Sober quere recoñecer o traballo que o mozo está facendo no mundo audiovisual e, ao mesmo tempo, contar cun pregoeiro de excepción, de actualidade e un orgullo para todos os veciños e veciñas.

FEIRA DO VIÑO DE AMANDI
Un total de 23 adegas do Concello de Sober están inscritas para participar na XLII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar en Sober os días 9 e 10 de abril, volvendo así á súa data habitual de sábado e domingo de Ramos.

Sábado 9 de abril

  • Ás 11:30 horas. Disparo de bombas de palenque anuncian o inicio da XLII Feira do Viño de Amandi.
  • Ás 12:00 horas. Apertura Oficial a cargo de Adega TEAR en lembranza aos seus fundadores Manuela Valdés e Nilo Vila.
  • Ás 12:15 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
  • Ás 17:00 horas. Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas do Oficina Municipal de Turismo.
  • Ás 17:00 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
  • Ás 18:30 horas. Concerto da Banda de Música de Sober.
  • Ás 20:00 horas. Actuación da Charanga Louband na Praza do Concello.
  • Ás 23:00 horas. Actuación de GIN TONIC´S na Praza do Concello.

Domingo 10 de abril

  • Ás 10:30 horas. Disparo de 23 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante).
  • Ás 10:45 horas. Actuación da Charanga NBA.
  • Ás 11:00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
  • Ás 11:30 horas. Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.
  • Ás 11:30 horas. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
  • Ás 12:30 horas. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
  • Ás 12:45 horas. Actuación da Banda de Música de Sober.
  • Ás 13:00 horas: Pregón a cargo de Chechu Salgado.
  • Ás 13:30 horas. Entrega de Premios.
  • Ás 17:00 horas. Actuación da Charanga NBA.
  • Ás 19:30 horas. Baile coa orquestra Los Satélites