Skip to main content
Axenda Caducada

Volven as Xornadas Gastronómicas Queixo do Eume nas Pontes

Por 7 Abril, 2022Abril 10th, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes, Cohempo, celebra esta fin de semana de novo as Xornadas Gastronómicas Queixo do Eume, convocadas nesta ocasión entre os días 8 e 10 de abril.

As xornadas pontesas terá lugar con tapas a 2 euros feitas con queixos do Eume.

Participan nesta iniciativas varios locais: Cervecería Jardín, A Caseta do Parque, Mesón de Pepe, Mesón O Martínez, A Fervenza de Somede, Mesón 7 camiños, La Capilla, Mamma mia e Venus.

Ademais, tamén haberá platos especiais con este ingrediente do Eume en Dellapiccola, La Bodega e Casa Teresa.

Todos os que participan nestas xornadas entrarán no sorteo de 6 visitas a Queixería do Eume con almorzo incluído ademáis dunha degustación das distintas elaboracións. Os gañadores darane a coñecer o 21 de abril.