Skip to main content
Axenda Caducada

Veciños da Reigosa organizan unha viaxe a Cervantes e Navia de Suarna

Por 8 Abril, 2022Abril 13th, 2022Sin comentarios

A través do programa Coñece a túa provincia de Deputación de Lugo a Asociación de Veciños de Reigosa vai realizar unha excursión por Cervantes e Navia de Suarna con visitas á Granxa Gayoso Castro, Piornedo e a localidade de Navia.

Trátase dunha excursión de balde e aberta para todas as persoas que queiran participar.

A data da excursión é o día 13 de maio con saída ás 9.30 horas da casa sociocultural de Reigosa.

A viaxe inclúe autobús, as visitas, o xantar e un guía turístico.