Skip to main content
Axenda Caducada

O espectáculo Bailar Agora estará o día 29 nas Pontes

Por 10 Abril, 2022Abril 29th, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes celebra o Día da Danza, que se conmemora o vindeiro 29 de abril, co espectáculo Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada.

Bailar Agora é unha sorte de imperativo cara ao posicionamento no presente social e persoal a través da danza.
“Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e a emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando. A danza, o humor e a proximidade con público xeran unha atmosfera particular do cotián, o natural, o común e o esperanzador que se comparte en escena”.

O espectáculo tio o premio María Casares 2021 á mellor dirección, mellor actriz principal e mellor iluminación.

Este espectáculo poderá verse o mesmo venres 29 de abril ás 21.00 horas no auditorio Cine Alovi das Pontes, un espectáculo incluído na rede Cultura da Deputación da Coruña.

A entradas están xa á venda en www.tickentradas.com ou tamén poderán comprarse unha hora antes da función no propio auditorio.