Skip to main content
Axenda Caducada

César No ofrece unha actividade para os pequenos da vila de Sarria este luns 11

Por 10 Abril, 2022Abril 11th, 2022Sin comentarios

Os rapaces de Sarria comezarán as vacacións de Semana Santa cunha actividade lúdica da man de César No. Unha xornada na que vivirán un mundo de aventuras e emocións grazas ao sarriao que se caracteriza por ter unha voz hipnótica que deixa prendidos aos máis pequenos.

Esta cita é perfecta para ofrecer aos nenos unha maneira diferente de potenciar a imaxinación e a creatividade. Ademais, é ideal para pasar un rato entretido e divertido a través da narración dos contos do Traxugas.

A cita terá lugar ás o luns ás 18.30 horas na casa da cultura de Sarria.

CÉSAR NO
César No é un sarriao apaixoado do márketing e contacontos nas fines de semana. A súa fascinación por ser contador de historias e a narración oral venlle de moi novo grazas a súa avoa Donina Rodríguez.

No ano 2016 fundou a compañía teatral Feira do Leste con Ernesto Is e a través dela organizaron o primeiro Festival de Narración Oral que se celebrou en Sarria durante o verán e que tivo unha boa acollida entre os veciños.

As historias están dirixidas aos nenos e nenas do Concello. Ademais, emprega o galego nos seus contos dándolle valor a esta parte da cultura e tradición da nosa terra.