Skip to main content
Axenda Caducada

Unha charla nas Pontes explicará as ensinanzas musicais

Por 16 Abril, 2022Abril 19th, 2022Sin comentarios

A pedagoga da linguaxe e educación musical Lidia Botana ofrece o martes 19 de abril unha charla informativa sobre as ensinazas de conservatorio.

Esta sesión terá lugar na Casa Dopeso, a partir das 20.00 horas e está dirixida a alumnado, pais e nais.

O obxectivo será explicar que é un conservatorio, que saídas ten este tipo de ensino e convalidacións, así como o bacharelato a cursar.

Esta charla está patrocinada polo conservatorio local.