Skip to main content
Axenda Caducada

Aberta a inscrición para a Carreira Popular de Chantada o próximo 7 de maio

Por 12 Abril, 2022Maio 7th, 2022Sin comentarios

O Concello de Chantada organiza o próximo 7 de maio a XI Carreira Popular en colaboración co Clube Deportivo Atletismo Chantada. Haberá tres modalidades, absoluta, menores e carreira de integración.

Na categoría absoluta haberá sete categorías. Desta forma os xuvenís serán aqueles deportistas nados entre o 2005 e 2006, os junior entre o 2003-2004, os promesa 2000-2002, sernio dende 1999 ata 34 anos. Haberá tres categorías de veteráns, A de 35 a 44 anos, B de 45 a 54 anos e C de 55 anos e posteriores.

A carreira terá unha lonxitude de 10 km. A inscrición realizarase a través da páxina web www.championchipnorte.com . A inscrición da carreira absoluta 5000 e 10000 m custará 8 euros se se realiza antes do día 29 de abril ás 23.59 horas, dende o día 30 ata o 4 de maio o custe será de 10 euros.

Os dorsais e chips de cronometraxe entregaranse aos participantes a praza do Mercado a partir das 12.00 horas e ata 15 minutos antes de dar saída.

A carreira 10000 m ofrecerá un trofeo aos tres primeiros clasificados e, a maiores, aos tres primeiros clasificados de cada categoría. Ademais, haberá un premio especial para os tres primeiros clasificados locais. Na carreira 5000 haberá un trofeo para os tres primeiros clasificados e un para os tres primeiros clasificados locais. Considerándose como local o atleta empadroado en Chantada.

Tamén se levarán a cabo neste día as carreiras para menores, as de 100 e 500 m son participaticas e non se tomarán tempos mentres que a de 2000 será competitiva e será cronometrada. A inscrición é gratuíta, realizase a través da mesma páxina web que a anterior e hai como data límite ata o 4 de maio.

Todos os nenos que participen nas carreiras menores recibirán unha medalla conmemorativa e avituallamento ao remate da proba, a maiores, os tres primeiros clasificados da categoría infantil e cadete levarán un trofeo.

O corredor de menor idade levará un trofeo especial.

Por último, a carreira pola integración está aberta á participación con calquera tipo de discapacidade.