Skip to main content
Axenda Caducada

Amplíase a data da Feira de Oportunidades a Monterroso con 200 euros en premios

Por 16 Abril, 2022Sin comentarios

Despois do éxito obtido na última campaña realizada durante os días 8 e 9 de abril. O Concello amplía a data e volve celebralo hoxe, 16 de abril.

A campaña desenvolverase o 16 de abril, dentro do evento Feira de Oportunidades. O concello proporcionará aos negocios participantes as papeletas, urnas e distintivos para desenvolver o sorteo, estes deberán cubrir o recadro correspondente para coñecer a procedencia das papeletas.

Non se poderán presentar ao sorteo os titulares dos comercios participantes, se son persoas físicas ou se os empresarios son persoas xurídicas, os socios, os seus familiares directos (cónxuxes, ascendentes ou descendentes en primeiro grado) ou os seus empregados, con papeletas obtidas por compras no seu propio establecemento.

Considéranse papeletas válidas as que conteñan todos os datos requiridos para a identificación dos participantes (nome, apelidos e teléfono) para así poder localizalos para realizar a entrega do premio.

O sorteo realizarse o día 18 de abril e será retransmitido por redes sociais.

O premio serán 4 vales dun valor de 50 euros cada un.