Skip to main content
Axenda Caducada

Doctor Snob actuará este sábado no Buril de Sarria

Por 19 Abril, 2022Abril 23rd, 2022Sin comentarios

A Asociación o Buril de Sarria acollerá este sábado 23 de abril a actuación da banda Doctor Snob. O concerto dará comezo ás 22.00 horas. A entrada terá un custe de 5 euros no despacho de billetes.

As actuacións musicais están á orde do día na vila sarriá. A música forma parte da esencia dos veciños que non perden a oportunidade de desfrutar conxuntamente da oferta cultural que as asociacións aportan ao pobo.

DOCTOR SNOB
A agrupación naceu na Coruña como continuación de Los Náufragos que levaban funcionando desde 1989, tras unha división interna do grupo e despois de esclarecer que o seu nome xa estaba rexistrado. O estilo segue sendo rock con pequenos toques de pop-rock español.

A primeira aparición pública do grupo é un play-back para a televisión local, tras a segunda aparición en televisón gravan a súa primeira maqueta e a partir de aí comeza a súa andadura no terreo musical, tras varias pausas por diferentes motivos a agrupación chega o sábado con máis dun cuarto de século de vida a Sarria.