Skip to main content
Axenda Caducada

Adiado ata o 30 de abril o festival solidario con Ucraína que se organiza en Sarria

Por 20 Abril, 2022Abril 30th, 2022Sin comentarios

Adiado ata o día 30 de abirl a celebración do festival de música solidario organizado pola sociedade cultural A Unión. Esta cita terá como fin a recollida de fondos para os refuxiados ucraínos. Neste acto solidario organizado polo Concello colaboran os grupos locais de Sarria.

O aprazamento veu dado debido a que o día 23, o local social da Unión onde terá lugar este festival, estará ocupado coa proxección do filme A Virxe Roxa gañador do premio Mestre Mateo.

O diñeiro recadado a través dos donativos dos asistentes será entregado á asociación sen ánimo de lucro KidsUcrania que axuda aos infantes ucraínos dende o ano 2019.

Unha familia local de Sarria acolleu a catro ucraínos (dous nenos e dúas mulleres adultas) grazas a esta asociación que está a organizar unha nova viaxe para recoller refuxiados de guerra.

O festival contará coa presenza da Banda de Sarria, formacións da rúa da Músca, Sarricana e os Cantereiros da Unión.

O evento non é só musical, aqueles artistas que queiran sumarse a iniciativa xa sexan do ámbito da maxia ou do humor poden facelo.

Este non é o primeiro acto solidario a favor de Ucraína xa que o colexio da Asunción realizou unha camiñata con motivo da celebración da patroa e fundadora da orde de Santa María Eugenia. Nesta actividade foi o alumnado o encargado de buscar os patrocinios entre os seus coñecidos, amigos e familiares, recorrendo os distintos lugares de Sarria que teñen algún tipo de relación co centro educativo, acadando máis de 2000 euros.