Skip to main content
Axenda Caducada

O programa Porta a Porta estará en Cervo

Por 25 Abril, 2022Maio 3rd, 2022Sin comentarios

O autobús de Coidados Porta a Porta visitará o concello de Cervo a próxima semana. Os días 29 de abril, 2 e 3 de maio o autocar estará estacionado no Parque Reina Sofía.

O programa ofrece consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria destinado a todas as persoas maiores de 55 anos que así o desexen, con cita previa e de xeito gratuíto.

A cita previa pódese pedir a través do número de teléfono 622 748 283 ou ben no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

No servizo de podoloxía farase unha consulta básica, valorando o estado xeral do pé, así como un corte e limpeza de unllas e eliminación de durezas, calos e helomas. En audioloxía realizarase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Coa estimulación cognitiva, un profesional fará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro en caso de habelo.

O prazo de inscrición xa está aberto para todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos, habendo unha primeira xornada explicativa dos servizos.