Skip to main content
Axenda Caducada

O domingo comeza a celebración da romaría e feira cabalar de San Marcos en Trabada

Por 22 Abril, 2022Abril 25th, 2022Sin comentarios

Este domingo 24 e luns 25 de abril comeza a celebración das festas en honra a San Marcos no lugar da Cadeira do Concello de Trabada.

Así, a tradicional feira anual e romaría de San Marcos dará comezo o domingo ás 13.00 horas coa misa solemne seguida de procesión. Ao finalizar, darase paso á sesión vermú a cargo do grupo Fénix, que tamén será o encargado de amenizar a verbena da noite.

Xa o luns 25, con motivo do día grande de San Marcos, comeza a xornada coa tradicional Feira de Gando Cabalar, que se prolongará durante toda a mañá. Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne seguida de procesión. A orquestra Solara será a encargada de amenizar a sesión vermú e a verbena fin de festas.