Skip to main content
Axenda Caducada

O programa Porta a Porta estará en Viveiro durantes tres días

Por 23 Abril, 2022Abril 27th, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa de que o programa Porta a Porta da Xunta de Galicia chegará á localidade a vindeira semana, en concreto os días 25, 26 e 27 de abril.

O programa ofrece consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria destinado a todas as persoas maiores de 55 anos que así o desexen, con cita previa e de xeito gratuíto.

O autobús do Porta a Porta estarános Xardíns Noriega Varela co fin de prestar servizos asistenciais ás persoas maiores, debendo solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

No servizo de podoloxía farase unha consulta básica, valorando o estado xeral do pé, así como un corte e limpeza de unllas e eliminación de durezas, calos e helomas. En audioloxía realizarase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Coa estimulación cognitiva, un profesional fará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro en caso de habelo.

O prazo de inscrición xa está aberto para todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos, habendo unha primeira xornada explicativa dos servizos.