Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

Volve o Certame Internacional de Pintura Mural Amarte de Burela

Por 24 Abril, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

O Concello de Burela informou da nova edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte que terá lugar no Porto de Burela do 4 ao 7 de agosto de 2022 e chega a súa sexta edición.

As bases para anotarse no concurso van estar dispoñibles na páxina de facebook do certame, que é Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, así como na web municipal.

Pódense enviar as propostas ata o 15 de xullo a amarteburela@gmail.com e logo o xurado elixirá as nove obras que serán pintadas no muro do peirao. Os premios suben respecto ao ano pasado sendo 1.600 euros para o primeiro clasificado, 800 para o segundo, 500 para o terceiro e para os artistas non premiados 180 euros.

Os murais terán como temática o mundo do mar e cada concursante poderá presentar un máximo de duas propostas.

Non poderan presentarse os gañadores de a edición anterior e ofertaranse 9 murais coas seguintes dimensións: 5.90 m. x 2.10 m que deben ser completados nun máximo de 4 días.

O concelleiro de Cultura , José Díaz, lembrou que “levamos cinco edicións e Amarte é cada vez máis coñecido, non só a nivel de Galicia senón de España, o último gañador foi o campión nacional da liga de Grafitis”, e anima “a todos os artistas tanto da Mariña, para quen se reserva dous murais, como a todos os que fagan pintura, a que participen este ano connosco”.

Tirso Paz coa súa obra Meiga do mar, Anna Repullo con Marineros e Martín Cal con A nosa Burela foron os gañadores do certame 2021 cuxos deseños súmanse aos dos seus compañeiros de edición para converter o porto burelés nun museo ao aire libre.

Diego Anido e Guillermo Paz coa obra Mar revolto foron os gañadores do 4º Certame, Hipólito Xeada, de Alfoz, conseguiu o segundo premio por A mirada do mar e o terceiro premio foi para Martín Cal, de Ortigueira, coa obra O gardián do mar. O premio para o mellor artista local foi para Héctor Manasé, de Burela, con Arraiga