Skip to main content
Axenda Caducada

As II Xornadas de Atención Temperá serán en Mondoñedo o 4 de xuño

Por 26 Abril, 2022Xuño 4th, 2022Sin comentarios

O 4 de xuño terán lugar en Mondoñedo as II Xornadas de Atención Temperá organizadas polo servizo de Atención Temperá do Concello de Modoñedo e o SAT, Servizo de Atención Temperá (Agrupación de Concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Pol e Meira).

O evento, que terá lugar entre as 9.00 e as 15.00 horas, contará coa presencia de profesionais dos ámbitos da neuroloxía pediátrica, psicoloxía da educación, logopedia e rehabilitación.

Dará comezo ás 9.00 coa presentación oficial das xornadas e ás 10.00 horas será a ponencia de Ignacio Málaga Diéguez, neuropediatra, Sinais de alarma e intervención en TEA en idades temperás.

Ás 11.00 horas será a charla Evolución da linguaxe en prematuros. Importancia da avaliación temperá, e estará a cargo do profesor en psicoloxía, Miguel Pérez Pereira.

Ás 12.30 horas será a quenda da logopeda Mónica Vilameá Pérez coa charla Atención temperá no TEL/TDL. diagnóstico en atención temperá. E xa por último Jaime Ponte Milltelbrunn, médico especialista en rehabilitación, falará sobre os Restos de futuro no coidado do desenvolvemento infantil.

Para máis información será necesario chamar ao teléfono 982 522 031 ou escribir un email a atencióntemperamondonedo@gmail.com.