Skip to main content
Axenda Caducada

Xurxo Souto actúa este sábado na Casa Museo de Manuel María

Por 26 Abril, 2022Abril 30th, 2022Sin comentarios

O músico e escritor Xurxo Souto está a celebrar XX anos na literatura visitando algúns dos lugares con máis aquel que coñeceu grazas aos libros. Este sábado, día 30 de abril, ás 20 horas, estará na casa natal do seu amigo e mestre, hoxe Casa-Museo Manuel María, após recalar en Lisboa, Lugo, Pontevedra, O Barqueiro, A Coruña, Compostela…

Xurxo compartirá coa forza poderosa da súa palabra historias d’O Retorno dos Homes Mariños, Pangalaica e A Gran Travesía de Chiruca Macallás, así como a crónica do Amaro navegante, romaría das galegas e galegos en Lisboa que vén de celebrarse cento e once anos despois. Celebración humilde das persoas e lugares marabillosos que foron aparecendo na súa vida a través da música e os libros. No acto deste sábado acompañarao Richi Casás, director do Pardiñazo (XL aniversario do festival de Pardiñas), co que fará algunha cantarea cos sons do saxofone e do acordeón.

Entrada libre para asistir a esta actividade, mais é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.