Skip to main content
Axenda Caducada

Este domingo seguen os concertos en Cervo da Caixa de Música

Por 29 Abril, 2022Maio 1st, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través da Delegación de Cultura, retoma o ciclo de concertos A Caixa de Música este domingo na Praza dos Campos. Será o primeiro concerto do ciclo neste ano 2022.

A actuación, que correrá a cargo do grupo A Rebolaxe, terá lugar este domingo, 1 de maio, ás 12.00 horas.

O ciclo de concertos A Caixa de Música pretende diversificar as actuacións musicais no municipio, ofrecendo un programa con estilos clásicos de bandas musicais da nosa contorna.

O programa vai dirixido a toda a familia, posto que os concertos están calendarizados en fin de semana ou festivos, á hora do mediodía, en diferentes emprazamentos da vila.

No mes de maio, en conmemoración do Día das Letras Galegas, haberá, ademais, unha actuación especial.

Para a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, trátase “dun xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que programamos ao longo de todo o ano no noso Concello. Porén, tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música diversos e para todas as franxas de idade.