Skip to main content
Axenda Caducada

Meira e Guitiriz acollerán as finais provinciais de fútbol sala infatil, alevín e benxamín

Por 28 Abril, 2022Maio 1st, 2022Sin comentarios

O pavillón municipal Jonathan Carro Paz vivirá este domingo, 1 de maio, unha xornada de deporte en familia coas finais provinciais de fútbol sala do programa Xogade da Xunta de Galicia en categoría alevín e benxamín.

A presentación deste evento, que reunirá a 120 participantes, tivo lugar na Casa Habanera e correu a cargo da alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o xefe provincial do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero; e o coordinador da agrupación deportiva Terra Chá.

En categoría alevín participa a Escola Deportiva de Guitiriz, a ACD Xove, o Santiago de Foz e a ED A Pastoriza. A fase final benxamín está conformada polas ED Outeiro de Rei, Santiago de Foz, Fonsagrada e Burela FS.

As semifinais darán comezo ás 10 horas e estenderanse durante toda a mañá. Ao mediodía, ás 14:15 horas, haberá un parón para xantar cortesía do Concello de Guitiriz e xa pola tarde, desde as 16:30 hroas, disputaranse as finais e o terceiro e o cuarto posto de ambas categorías.

MEIRA

Por outra banda, Meira foi a localidade elexida para acoller as finais infantís de fútbol sala tal e como anunciaron onte Manuel Otero Cadramón, xefe do servizo de deportes da Xunta; Agustín Méndez, concelleiro de Cultura e deporte do Concello de Meira, e Xose Lourido, coordinador das EMD de Meira. Nesta ocasión, a final a catro terá lugar no pavillón municipal de Meira o sábado 30.

Os partidos de semifinal darán comezo ás 11.30 horas e trala pausa do mediodía, disputarase os duelos que decidirán o 3º e 4º posto e o campión, para finalizar a xornada coa entrega de premios.