Skip to main content
Portomarín

A Festa da Augardente inunda hoxe, 17 de abril, Portomarín

Por 17 Abril, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

Portomarín recupera a Festa da Augardente, despois de dous anos de parón, a vila recupera esta cita xa consolidada na vila que cumpre 50 anos de vida. Un día cheo de emoción, tradición e historia que volverá encher as rúas de ilusión e ganas de celebrar.

Música, degustación de produtos locais, unha carreira popular serán algunhas das actividades que se contemplan no programa.

A cita terá lugar hoxe 17 de abril.

PROGRAMA
Ás 11.00 horas comezará a celebración co prendido de alquitaras na Praza do Camiño. Continuará ás 12.30 cunha misa na igrexa de San Xoán e o pasarrúas a cargo da Agrupación Folklórika Río Miño. A mesma hora, dará comezo a VI Carreira Popular o carón do río. Ás 13.15 será o Cabildo Xeral da Orde Serenísima da Alquitara, coa recepción dos novos cabaleiros e damas que ingresan na Orde.

Ao mediodía, ás 14.00 horas Benedicta Sánchez, actriz, dará o pregón. Ás 14.15 sera a cata do “Mellor augardente de Portomarín” para Cabaleiros e Damas. De 17.00 a 18.30 actuará a Charanga Eravisto. Ás 18.30 será a quenda da Orquesta M3.