Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Aberto o prazo para participar no concurso da UNED O libro da túa vida

Por 20 Abril, 2022Sin comentarios

Co gallo do Día Internacional do Libro e do 50 aniversario da UNED, a UNED de Lugo organiza o concurso fotográfico O libro da túa vida. Aquelas persoas que participen farano publicando en redes sociais unha fotografía inspirada naquel libro que lles marcou, naquel libro que inspirou ou marcou dalgunha forma as súas vidas.

Cada participante poderá presentar unha fotografía mediante a publicación no seu perfil de Instagram, etiquetando a @unedlugo e co hashtag #diadellibroUNED50.

O prazo para subir as fotos xa está aberto e finaliza o 23 de abril, coincidindo coa data da efeméride. O luns 25 de abril coñecerase o nome do ganador.