Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A UNED imparte un curso sobre dereito mercantil e outro sobre produto turístico

Por 24 Abril, 2022Sin comentarios

A próxima semana comeza na UNED de Lugo unha actividade sobre Dereito Mercantil e Civil, que reunirá a destacados académicos e maxistrados e para o que está aberto o prazo de matrícula.

O curso Cuestións actuais de Dereito Mercantil, Civil e Procesual Civil: Visión Práctica propón a todas aquelas persoas interesadas achegarse ás principais novidades e cuestións de actualidade no Dereito Mercantil, Civil e Procesual Civil.

A actividade contará con maxistrados e fiscais de renome, estando presentes: Carlos Lema Devesa, catedrático Dereito Mercantil UCM; Román García-Varela Iglesias, letrado da Administración de Xustiza; Manuel José Vázquez Pena, profesor titular de Dereito Mercantil UDC e profesor-titor UNED Lugo; José Antonio Varela Agrelo, maxistrado Sala do Civil e Penal Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; Adriano Jacinto Alfonso Rodríguez, xuíz substituto e profesor-titor UNED Lugo; Ángela Galván Gallegos, maxistrada, profesora ordinaria da Escola Xudicial e profesora-titora con Venia Docendi UNED Lugo; José Luís Deaño Rodríguez, maxistrado e María Fátima Yañez Vivero, catedrática de Dereito Civil UNED.

Realizarase online ou presencial, en directo ou en diferido, do 25 ao 28 de abril.

Máis información e matrícula en: https://extension.uned.es/actividad/26802&codigo=CADDM

PRODUTO TURÍSTICO

A UNED de Lugo ofrece nestas mesmas datas un curso sobre os clubs de produto turístico.

Os clubs de produto turístico son formas de planificación e xestión baseadas na alianza de empresas e entidades públicas co obxecto de crear unha oferta diferenciada e de calidade nun destino turístico.

No curso Clubs de produto turístico: Creación e xestión mostraranse as características dos clubs de produto e a metodoloxía de aplicación, analizaranse casos de éxito e achegaranse ferramentas para a súa creación.

Será impartido por Fátima Cachafeiro Branco, socia-consultora en Avivae.

Realizarase online ou presencial do 25 ao 27 de abril, de17:00 a 21:00 horas.

Máis información e matrícula: https://extension.uned.es/actividad/26155&codigo=CDPTC