Skip to main content
Antas de Ulla

A Biblioteca de Antas de Ulla seleccionada polos Premios Follas Novas do Libro Galego

Por 12 Abril, 2022Sin comentarios

A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla vén de ser seleccionada polos Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría Premio ás Traxectorias. Unha iniciativa cultural ou fomento da lectura.

Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia.

“Ter chegado ata aquí xa é un premio”, recoñece Teresa Batán, responsable da Biblioteca de Antas de Ulla, quen recorda que é a segunda vez que conseguen ser finalistas. Os resultados destes premios daranse a coñecer na gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 7 de maio.

En total, máis de setenta títulos son candidatos aos premios Follas Novas nas doce categorías trala primeira fase de selección realizada polo xurado destes galardóns que, na seguinte fase escollerá tres finalistas e, na última, os títulos gañadores en cada unha das categorías.

Coas novidades introducidas para esta edición, as tres organizacións convocantes dos galardóns recolleron unha proposta inicial que superou o centenar e medio de títulos, ampliando o numero de obras participantes sobre edicións anteriores. Sobre esa proposta, o xurado fixo a selección para escoller os seis títulos candidatos en cada categoría ademais das categorías de Iniciativa cultural, Proxecto literario na rede e de Xornalismo cultural.