Skip to main content
Baralla

Os socialistas solicitan á Xunta a contratación de 3 médicos no Centro de Saúde de Baralla

Por 18 Abril, 2022Sin comentarios

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que contrate aos 3 médicos previstos no Centro de Saúde de Baralla. Actualmente a localidade só ten cubertos 2 dos 3 cupos previstos, ademais de que “existen situacións nas que nin sequera as dúas prazas están cubertas porque non se substitúen as vacacións, libranzas ou baixas”.

O responsable socialista alerta de que “este sistema collido con pinzas dificulta a mellor calidade posible da atención primaria, impedindo a continuidade na relación médico – paciente e a dispoñibilidade de atención e seguimento dos pacientes”. Reclámalle ao goberno galego que volva contratar o facultativo vacante dende a xubilación dun dos profesionais, e que lle notifique ao Concello de Baralla o volume de cupos establecidos na actualidade para o dito centro de saúde.

Torrado alerta de que “unha vez superada a emerxencia sanitaria, e a pesares da lóxica vixilancia ante os problemas que aínda perduran vencellados á covid, a asistencia sanitaria non pode ser o último sistema que recupere unha racional normalidade de funcionamento”.

Logo das declaracións “desazonadoras” do responsable do Sergas, que esta fin de semana apuntaba ao ano 2023 como data para recuperar a normalidade pre – pandemia, engade que “é asumible que deba ser reforzada e con maior aposta dende a administración”