Skip to main content
Becerreá

Miguel Ángel Cela González deixa a presidencia do PP de Becerreá

Por 13 Abril, 2022Sin comentarios

O ata agora presidente do PP de Becerreá, Miguel Ángel Cela González, decidiu dar un paso atrás e deixar esta responsabilidade co fin de promover a apertura do partido e centrarse máis intensamente aínda no traballo do grupo municipal, do que é portavoz. Así o comunicou nas últimas horas á dirección provincial do partido, nunha reunión celebrada en Becerreá.

Cela González levaba dende 2015 á fronte do PP de Becerreá. Agora considera que, para preparar as próximas eleccións locais, o partido debe abrirse aínda máis á sociedade e cre que, no seu caso, é o momento de dar un paso atrás. Nos próximos días coñeceranse as decisións do partido, na liña de impulsar a escoita activa da sociedade neste municipio e o crecemento da organización dende a unidade e a participación.

O ata agora presidente do PP de Becerreá asegura que centrará o seu esforzo no traballo do grupo municipal, que non experimentará cambios e que colaborará, como sempre, decididamente co partido. O obxectivo, sinala, é conseguir o mellor resultado nas próximas eleccións, de maneira que o PP chegue ao goberno municipal